Saltar al contenido
Portada » Portfolio Items » Juan Escalona Corral

Juan Escalona Corral

Coordinador pedagóxico e artístico

Juan ten unha ampla experiencia no ámbito da educación non formal. Comezou a traballar como facilitador de teatro en 2012 e en 2015 empezou a traballar a nivel internacional no sector sen ánimo de lucro. Liderou grupos de mozos e traballadores xuvenís en máis de 15 proxectos de mobilidade en España, Irlanda, Grecia e Alemaña, coordinou voluntarios europeos desde 2017 ata 2019 e formou parte como formador, investigador, técnico e coordinador en 10 proxectos KA2.

Ten formación específica e experiencia nos ámbitos da cultura e as artes, a diversidade de xénero e identidade, a educación en dereitos humanos, a educación ambiental, a mocidade, a participación, a inclusión, o desenvolvemento de competencias e o emprendemento. Ademais, está certificado no deseño de programas ambientais e continúa a formarse en dirección e dramaturxia na ESAD de Galicia.


Publicacións

Visual Portfolio, Posts & Image Gallery para WordPress

Guía para a atención á diversidade afectivo-sexual

Guía para a formación do persoal dos servizos públicos municipais en atención á diversidade afectivo-sexual

Proxecto: Concello Pola Diversidade Efectiva

Cofinanciado polo programa CES (Corpo Europeo de Solidaridade) da Unión Europea

Autores

Claudia Coello Rebollar

Juan Escalona Corral

Maite González Neves

Gonzalo Martínez Ramiro

Sara Silva Uris (Transformando Realidades)