Transformando a sociedade a través da cultura e a cooperación en Europa
En FOCO pensamos que cultura, a creatividade e a educación son ferramentas esenciais para a transformación social. Traballamos con colectivos, organizacións e institucións para desenvolver proxectos con impacto real na comunidade, e facémolo empregando metodoloxías participativas teatrais, de educación non formal e da cooperación internacional.
Somos unha asociación enfocada no uso da cultura para a transformación social. Traballamos por e dende o Baixo Miño (actuamos localmente), cara o resto do mundo (pensamos globalmente).
Empregamos metodoloxías teatrais e ferramentas de educación non formal para facilitar o acceso á cultura, formación e oportunidades de aprendizaxe para a mocidade e a veciñanza da nosa comarca.
Buscamos promover a inclusión social, a creatividade, as artes, os dereitos culturais, a cidadanía activa, o respecto á diversidade e outros valores de xustiza social.
Cooperamos con entidades europeas, galegas e do resto de España para acadar os nosos obxectivos.
Priorizamos a calidade, relevancia, utilidade e participación real en todos os nosos proxectos.
Os nosos servizos
Formación
Deseñamos obradoiros, programas educativos e experiencias formativas adaptadas a contextos tanto locais coma internacionais, promovendo a creatividade, participación e cidadanía activa-
Consultoría
Apoiamos organizacións, asociacións e institucións no deseño, xestión, implementación e avaliación de proxectos culturais, educacionais e de cooperación europea.
Oportunidades de mobilidade
Acompañamos e facilitamos a participación en programas de mobilidade e cooperación internacional, conectando mocidade, educadoras, artistas e profesionais con experiencias de aprendizaxe en toda Europa.
Proxectos Europeos de Cooperación
Colaboramos con entidades socias de toda Europa (e máis aló) a través de programas coma Erasmus+ e outras iniciativas de cooperación internacional centradas na educación, a cultura, a participación, a inclusión e a innovación social.
Como colaborar connosco
Hai moitas formas de colaborar con FOCO! Podes participar nos nosos proxectos e actividades, asociarte, unirte ás nosas formacións, desenvolver partenariados dende a túa entidade, ou contactarnos para consultorías ou colaboración en proxectos. Promovemos as sinerxías e colaboracións, todas elas contribúen a fortalecer os vínculos sociais, a participación comunitaria, o desenvolvemento cultural e a cooperación internacional.
Recoñecementos
Recibimos distintos recoñecementos por parte de diferentes institucións e organizacións, premiando a contribución á participación, cultura, inclusión social e cooperación europea do noso traballo.
- Boa Prática Municipal de Participação Juvenil da Federação Nacional das Associações Juvenis de Portugal (FNAJ) outorgado ao proxecto O Río que Nos Une (2023)
- 1º Premio á Iniciativa Empresarial dos Premios Provinciais á Xuventude de Deputación de Pontevedra.
- Boa Práctica Europea do programa Erasmus+ outorgado ao proxecto DAFSI (Drama Activities for Social Inclusion, 2022)
Quero saber máis!
Únete á nosa newsletter para recibir as ultimas novas, actividades, proxectos e iniciativas culturais.







