Formación
Es un concello, unha asociación, un grupo de teatro amador ou unha empresa no campo da cultura, a formación, a facilitación ou do sector educativo?
Isto interésate
Ofrecemos obradoiros e formacións tanto puntuais coma prolongados no tempo. Traballamos decote coa infancia e mocidade, pero tamén co resto da veciñanza. Ofrecemos tanto cursos predeterminados (que poden ser contratados por asociacións, colectivos, empresas…) coma formación ad hoc deseñada especialmente con contidos, duración, metodoloxías para ti.
Sobre que:
Ofrecemos formacións personalizadas sobre gran cantidade de temáticas:
- Xénero e feminismos
- Diversidade LGTBI+
- Interculturalidade
- Dereitos humanos
- Participación xuvenil
- Medio ambiente
- Asociacionismo
- Inclusión social
- Formacións xenéricas en facilitación liderado de grupos, educación non formal, facilitación teatral, teatro, danza, creación de pezas teatrais…
Podemos tamén adaptarnos ás vosas necesidades, se o tema que buscades non aparece nesta lista, non dubidedes en contactarnos.
Nós xa impartimos as seguintes formacións…
…podemos replicalas ou deseñar outra adaptada ás vosas necesidades

Solicitude e xestión de fondos europeos
Obxectivos:
- Coñecer diferentes programas de finanaciación europea
- Entender o proceso de solicitude de subvencións
- Coñecer as ferramentas e boas prácticas de xestión e xustificación destes proxectos
- Elaborar unha idea de proxecto para ser presentada a algunha liña de financiación específica
Duración: De 10 a 40 horas, segundo ás necesidades do grupo. Pode realizarse de xeito intensivo durante unha semana a xornada completa.
Impartida en: