Saltar al contenido
Portada » Portfolio Items » María González Flores

María González Flores

Técnica de proxectos

María González Flores

María González Flores é facilitadora, investigadora, docente e activista. Con experiencia coma investigadora nos cruces entre o activismo e a academia, María está comprometida coa produción de coñecemento politicamente situado e eticamente comprometido. Viviu en países como Irán, Exipto, Palestina ou Líbano, onde combinou a investigación académica co compromiso persoal e de base xunta diferentes organizacións. Como facilitadora, traballou en contextos de educación non formal, centrada en metodoloxías participativas, xustiza social e pedagoxías críticas. A súa práctica está profundamente informada por perspectivas feministas, decoloniais e subalternas, que integra como elementos centrais da súa praxe.

É graduada en Estudos Árabes e Islámicos pola Universidade de Salamanca, ten un máster en Relacións Internacionais e Estudos Africanos pola Universidade Autónoma de Madrid e outro máster en Feminismos, Interseccionalidade e Cooperación Internacional pola UVic/Cooperacció. A súa investigación predoutoral na Universidade da Coruña explora as tensións e interseccións entre o humanitarismo e a academia como ferramentas coloniais de despolitización e desmobilización en contextos de refuxiio prolongado na rexión SWANA (Asia Occidental e África do Norte).