Saltar al contenido
Portada » Portfolio Items » TENACT – Teatro para a Acción Ambiental

TENACT – Teatro para a Acción Ambiental

Co proxecto TENACT – Teatro para a Acción Ambiental, queremos abordar o crecente problema do cambio climático e toda a confusión e facetas públicas e individuais que conleva. Este problema ten que entenderse aplicando métodos educativos innovadores, como o teatro. Queremos crear unha guía para axudar a profesores e animadores a facer que os mozos comprendan e actúen de forma responsable e reflexiva.

Queremos crear un manual para talleres, que profesores e facilitadores poidan utilizar para aplicar métodos educativos novos e innovadores no seu traballo diario. Con iso queremos incidir nas capacidades de autorreflexión e autoeficacia dos mozos no tema do medio ambiente e pareceunos que o teatro é un método útil para iso, xa que hai que meterse en diferentes papeis física e emocionalmente para crear teatro.

O resultado deste proxecto é crear unha caixa de ferramentas con actividades e ferramentas teatrais sobre temas ambientais que poidan incluírse nun mínimo de 10 talleres completos dunha duración de 2/3 horas. Con este proxecto queremos mellorar un marco común europeo un marco común europeo para a realización de actividades e programas teatrais nas prácticas cotiás do traballo xuvenil e fortalecer a rede de organizacións xuvenís a nivel internacional.

Resultados

Neste proxecto desenvolvimos 3 manuais pedagóxicos que podedes descargar de maneira gratuita nesta ligazón.