Saltar al contenido
Portada » Noticias » Comeza en Pavía, Italia, o proxecto “Actúa Verde”

Comeza en Pavía, Italia, o proxecto “Actúa Verde”

Durante o curso 2022-2023, e cun financiamento europeo de 30.000€, realizaranse talleres de teatro semanais para mozos de 13 a 19 anos cunha iniciativa da asociación FOCO coa colaboración do Concello da Guarda como parte do proxecto Actúa Verde que comeza en Pavía o 21 e 22 de xuño.

Comenza en Pavía o proxecto europeo Actúa Verde, FOCO (A Guarda) e Calypso (Pavía, Italia) traballarán con 20 mozas e mozos guardeses e italianos de entre 13 e 18 anos. Estes mozos e mozas serán persoas interesadas en reflexionar sobre temas ambientais e que queiran explorar o teatro como experiencia de aprendizaxe.

Ademais, e para ampliar o impacto do proxecto, desenvolveranse e mostrarán unhas performances sobre cambio climático. Estas performances presentaranse na Guarda durante a primeira edición do Festival Europeo de Teatro Xuvenil e Medio Ambiente ‘Actúa Verde’, que ten previsto realizarse durante o mes de abril de 2023.

Dentro deste festival organizaranse actividades para diferentes públicos (talleres de teatro para persoas mozas, tanto participantes do proxecto como outras), crianzas, ou persoas adultas. Todas as actividades cara ao público do festival, durante os dous últimos días da mobilidade de mozos/as, estarán dirixidas á poboación en xeral para aumentar a súa conciencia sobre o cambio climático.

Este proxecto comezou en Pavia, Italia, durante os días 21 e 22 de xuño na sede de “Calypso – il teatro per il sociale”, a asociación italiana socia de FOCO neste proxecto. Durante estes días, os representantes das dúas organizacións tiveron a primeira reunión do proxecto e realizaron un obradoiro de arte e activismo nun centro social da cidade de Pavía, facilitado polo equipo de FOCO.