Saltar al contenido

Encontros internacionais

En FOCO participamos en encontros formativos e de aprendizaxe en outros países pero tamén acollemos a entidades socias en Galicia.

2025

Talk? Talk!
  • Datas: 02/11/2025 – 09/11/2025
  • Lugar: Granada
  • Tipo de proxecto: Curso de Formación
  • Coordinador: Ciudad de los Niños
  • Participantes: 3 traballadores no ámbito da mocidade e do teatro de galicia.
  • Resumo: Tivo como obxectivo principal mellorar as competencias comunicativas e expresivas das persoas participantes a través da improvisación teatral. Reuniu participantes de diferentes países (Galicia, Finlancia, Aruba, Romanía) e estivo facilitado por Yago Durán e Lidia Veiga, que viaxaron como parte do grupo de FOCO.
Voice up
  • Datas: 30/07/2025 – 05/08/2025
  • Lugar: Ajdovščina, Eslovenia
  • Tipo de proxecto: Intercambio xuvenil
  • Coordinador: Ambitia
  • Participantes: 4 persoas novas de entre 18 e 20 anos da Guarda
  • Resumo: Tivo como obxectivo principal o empoderamento da mocidade a través de ferramentas de comunicación efectiva e creatividade. Reuniu participantes de Xeorxia, Italia, Lituania, Portugal, Galiza e Eslovenia. As participantes de Foco asumiron un papel activo liderando obradoiros de teatro, cine e improvisación, contribuíndo de maneira significativa ao desenvolvemento das actividades.
Akana
  • Datas: 28/07/2025 – 05/08/2025
  • Lugar: Isparta, Turquía
  • Tipo de proxecto: Curso de formación
  • Coordinador: Crooked House Theatre Company
  • Participantes: 7 facilitadoras teatrais galegas
  • Resumo: Curso de formación escénica dirixido a profesionais do teatro e da educación cultural, centrado en novas metodoloxías e prácticas para traballar con mocidade en contextos diversos.
Ignition 2
  • Datas: 20/07/2025 – 27/07/2025
  • Lugar: Kokkola, Finlandia
  • Tipo de proxecto: Intercambio xuvenil
  • Coordinador: Crooked House Theatre Company
  • Participantes: 6 persoas de entre 15 e 17 anos da Guarda
  • Resumo: Durante unha semana, participantes de distintos países conviviron e participaron en dinámicas teatrais, obradoiros e actividades colectivas orientadas ao fortalecemento das súas habilidades comunicativas e sociais en na reflexión sobre a crise climática. O proxecto promoveu valores como a empatía, a cooperación e a expresión libre das identidades, nun ambiente de seguridade e respecto.
Stage 4 All
  • Datas: 08/07/2025 – 14/07/2025
  • Lugar: Paredes, Portugal
  • Tipo de proxecto: Intercambio xuvenil
  • Coordinador: No Gordio
  • Participantes: 5 persoas novas da Guarda
  • Resumo: Intercambio xuvenil centrado na inclusión e a equidade a través do teatro, o intercambio intercultural e o empoderamento xuvenil fronte aos estereotipos e pola defensa dos DDHH.
Let’s work together
  • Datas: 12/05/2025 – 16/05/2025
  • Lugar: Chisinau, Modavia
  • Tipo de proxecto: Encontro de creación de redes
  • Coordinador: Axencia Nacional Finlandesa de Educación
  • Participantes: O coordinador de FOCO
  • Resumo: Esta actividade ten como obxectivo establecer e fortalecer asociacións entre organizacións activas no programa European Solidarity Corps, coñecendo as posibilidades do programa e visitando organizacións en Moldavia.
Moltoir 2
  • Datas: 15/02/2025 – 23/02/2025
  • Lugar: Izmir, Turquía
  • Tipo de proxecto: Curso de formación
  • Coordinador: Crooked House Theatre Company
  • Participantes: 7 facilitadoras teatrais galegas
  • Resumo: Segunda edición do curso de formación internacional sobre o uso de prácticas de movemento escénico como ferramenta para mellorar o benestar da mocidade. O proxecto promovía a aprendizaxe intercultural, a expresión corporal, a reflexión crítica e o uso do corpo como linguaxe social, emocional e política no traballo con grupos xuvenís.

2024

Conferencia internacional YOULAT
  • Datas: 26/11/2024 – 27/11/2024
  • Lugar: Viena, Austria
  • Tipo de proxecto: Proyecto de cooperación a pequeña escala
  • Coordinador: MILAT y FOCO
  • Participantes: 20 responsables de entidades latinas en Europa
  • Resumo: Neste evento compartimos fontes de financiación europeas así como oportunidades de mobilidade e acceso ao mercado laboral a nivel Europeo nesta conferencia organizada por MILAT.
ToT – Our Planet ACTS
  • Datas: 08/09/2024 – 14/09/2024
  • Lugar: Pavía, Italia
  • Tipo de proxecto: Formación dentro dun proxecto de cooperación educativa
  • Coordinador: FOCO
  • Participantes: 3 formadoras de FOCO
  • Resumo: Neste encontro compartimos ferramentas e testeamos obradoiros teatrais para aumentar a concienciación da mocidade fronte a crise climática. Estes obradoiros foron creados polas entidades socias do proxecto Our Planet ACTS: FOCO, Calypso e STET.
Ignition
  • Datas: 04/08/2024 – 11/08/2024
  • Lugar: Kokkola, Finlandia
  • Tipo de proxecto: Intercambio xuvenil
  • Coordinador: Crooked House Theatre Company
  • Participantes: 4 persoas de entre 15 e 17 anos da Guarda
  • Resumo: Durante unha semana, participantes de distintos países conviviron e participaron en dinámicas teatrais, obradoiros e actividades colectivas orientadas ao fortalecemento das súas habilidades comunicativas e sociais en na reflexión sobre a crise climática. O proxecto promoveu valores como a empatía, a cooperación e a expresión libre das identidades, nun ambiente de seguridade e respecto.
Tacaíochht
  • Datas: 07/07/2024 – 14/07/2024
  • Lugar: Maynooth, Irlanda
  • Tipo de proxecto: Curso de formación
  • Coordinador: Crooked House Theatre Company
  • Participantes: 5 facilitadoras teatrais de Galicia
  • Resumo: A actividade reuniu traballadoras culturais e xuvenís de diversos países europeos para compartir metodoloxías creativas de intervención con mocidade LGBTQIA+ a través do teatro, a danza e o cinema. O enfoque da formación foi interseccional e comunitario, combinando ferramentas escénicas con dinámicas de aprendizaxe colectiva e acción sociocultural.
Performing Erasmus+
  • Datas: 21/04/2024 – 28/04/2024
  • Lugar: Izmir, Turquía
  • Tipo de proxecto: Curso de formación
  • Coordinador: Crooked House Theatre Company
  • Participantes: 2 coordinadores de proxectos de FOCO
  • Resumo: Neste curso formamos a traballadores e entidades culturais na planificación y xestión de fondos europeos. O obxectivo foi mellorar a calidade do traballo xuvenil a través das artes escénicas e fomentar novas colaboracións e proxectos Erasmus+ entre organizacións culturais de Europa e países veciños.

2023

The Wide Rainbow
  • Datas: 09/10/2023 – 16/10/2023
  • Lugar: Lugo
  • Tipo de proxecto: Creación de redes de traballadores xuvenís
  • Coordinador: FOCO
  • Participantes: 25 traballadores xuvenís de Luxemburgo, Portugal, Irlanda, Polonia, Chipre, Hungría e Xeorxia
  • Resumo: Tivo o obxectivo de fortalecer as súas competencias en materia de inclusión e diversidade, especialmente en relación cos dereitos das persoas LGTBIQ+. A través dunha metodoloxía baseada na educación non formal, o proxecto combinou aprendizaxe experiencial, reflexión persoal e actividades colaborativas para mellorar a capacidade dos profesionais participantes á hora de traballar con mozos e mozas en situacións de vulnerabilidade.
Developing the Youth Trainer
  • Datas: 30/09/2023 – 08/10/2023
  • Lugar: Paralimni, Chipre
  • Tipo de proxecto: Curso de formación
  • Coordinador: NECI
  • Participantes: 3 formadores miembros de FOCO
  • Resumo: O proxecto ofreceu ferramentas prácticas para o deseño de sesións educativas, dinámicas participativas e metodoloxías propias da aprendizaxe non formal. Tamén se traballaron habilidades de facilitación, comunicación e avaliación.
Mouth OFF – Segundo encontro
  • Datas: 19/08/2023 – 23/08/2023
  • Lugar: Newbridge, Irlanda
  • Tipo de proxecto: Proxecto de participación xuvenil
  • Coordinador: Crooked House Theatre Company
  • Participantes: 10 persoas novas da Guarda e 10 de Newbridge (Irlanda) de entre 13 e 17 anos
  • Resumo: Proxecto de participación xuvenil baseado na creación artística para abordar os efectos da desinformación nos medios e as redes sociais. Neste segundo encontro centramos o traballo na técnica de headphone verbatim e creamos unha peza que mostramos no Riverbank Theatre.
Seen & Heard
  • Datas: 04/08/2023 – 13/08/2023
  • Lugar: Isparta, Turquía
  • Tipo de proxecto: Curso de formación
  • Coordinador: Crooked House Theatre Comany
  • Participantes: 7 artistas escénicas galegas
  • Resumo: Curso de formación intensivo centrado na creación de teatro site-specific co obxectivo de mellorar o benestar xuvenil a través da creación teatral, fomentar a aprendizaxe intercultural e fortalecer redes de cooperación en programas europeos.
Moltoir
  • Datas: 03/07/2023 – 09/03/2023
  • Lugar: Maynooth, Irlanda
  • Tipo de proxecto: Curso de formación
  • Coordinador: Crooked House Theatre Company
  • Participantes: 6 facilitadoras teatrais galegas
  • Resumo: Durante a semana de actividades, os participantes exploraron cinco técnicas de movemento corporal a través de talleres prácticos e desenvolveron procesos creativos colaborativos que culminaron en pequenas representacións abertas ao público.
Mouth OFF – Primeiro encontro
  • Datas: 23/06/2023 – 30/06/2023
  • Lugar: A Guarda
  • Tipo de proxecto: Proxecto de participación xuvenil
  • Coordinador: Crooked House Theatre Company
  • Participantes: 10 persoas novas da Guarda e 10 de Newbridge (Irlanda) de entre 13 e 17 anos
  • Resumo: Proxecto de participación xuvenil baseado na creación artística para abordar os efectos da desinformación nos medios e as redes sociais. Neste primeiro encontro os participantes crearon dúas pezas de teatro arredor das formas de desinformación presentes nos medios de comunicación.
Festival ACTÚA VERDE
  • Datas: 05/04/2023 – 11/04/2023
  • Lugar: A Guarda
  • Tipo de proxecto: Proxecto de cooperación a pequena escala
  • Coordinador: FOCO
  • Participantes: 10 persoas novas da Guarda e 10 de Pavía (Italia) de entre 13 e 17 anos
  • Resumo: O Festival Europeo de Teatro e Medio Ambiente “Actúa Verde” foi deseñado e organizado integramente polos propios participantes. Durante o festival, presentáronse dúas obras teatrais —“A Inimiga do Pobo” (Galicia) e “Alphazed” (Italia)—, realizouse unha exposición de arte ambiental, un obradoiro de serigrafía con spray, un open mic de expresión artística libre e unha gymkhana seguida dun xogo adaptado do “Lupus”, centrado na reflexión sobre o activismo climático.
DAFSI – Drama Activities For Social Inclusion
  • Datas: 12/03/2023 – 19/03/2023
  • Lugar: A Guarda
  • Tipo de proxecto: Curso de formación
  • Coordinador: FOCO
  • Participantes: 20 traballadores xuvenís de Portugal, Grecia, Italia, Letonia, Lituania, Bulgaria, Eslovaquia e Rumanía
  • Resumo: O obxectivo principal foi promover a inclusión social a través de técnicas teatrais e metodoloxías de educación non formal. Os participantes exploraron ferramentas para fomentar a creatividade, a expresión emocional e a participación activa da mocidade, especialmente de grupos vulnerables.
  • Este proxecto foi galardoado coa etiqueta de Boa Práctica pola Axencia Nacional Española (INJUVE)
Non-formal Learning for Improving Youthwork in Diverse Settings
  • Datas: 18/10/2025 – 25/10/2025
  • Lugar: Paralimni, Chipre
  • Tipo de proxecto: Curso de formación
  • Coordinador: NECI
  • Participantes: 3 traballadores xuvenís de Galicia
  • Resumo: O proxecto promove a aprendizaxe non formal como ferramenta para fortalecer as competencias profesionais e persoais da mocidade, fomentar a inclusión social e o diálogo intercultural. As participantes compartiron boas prácticas e metodoloxías para traballar en contextos diversos e con colectivos en risco de exclusión, desenvolvendo novas ferramentas aplicables a nivel local e europeo.

2022

Let’s Connect
  • Datas: 20/11/2022 – 28/11/2022
  • Lugar: Bakuriani, Georgia
  • Tipo de proxecto: Seminatio
  • Coordinador: Umbrella
  • Participantes: Un coordinador de proxectos de FOCO
  • Resumo: Durante 7 días de traballo intensivo, un total de 24 traballadores xuvenís compartiron experiencias, retos e boas prácticas no contexto do traballo con mocidade, especialmente en contornas rurais, empregando metodoloxías de educación non formal.
Think before you say yes
  • Datas: 14/10/2022 – 23/10/2022
  • Lugar: Paralimni, Chipre
  • Tipo de proxecto: Intercambio Xuvenil
  • Coordinador: NECI
  • Participantes: Unha delegación de 6 persoas de entre 18 e 15 anos do Baixo Miño
  • Resumo: O obxectivo principal do proxecto foi promover a prevención do consumo de drogas e outras substancias entre a mocidade, empregando metodoloxías de aprendizaxe non formal, e fomentando espazos de diálogo, creación colectiva e aprendizaxe intercultural.
ACMIT – Assesment of Competences using Multiple Intelligences theory
  • Datas: 02/10/2022 – 09/10/2022
  • Lugar: A Guarda
  • Tipo de proxecto: Curso de formación
  • Coordinador: FOCO
  • Participantes: 20 traballadores xuvenís de Albania, Alemaña, Bulgaria, Xeorxia, Italia, Portugal, Polonia e Turquía
  • Resumo: O obxectivo foi investigar e experimentar metodoloxías innovadoras para a avaliación de competencias a través de dinámicas teatrais inspiradas na Teoría das Intelixencias Múltiples de Howard Gardner.
The Power of Non Formal Education
  • Datas: 24/05/2022 – 29/05/2022
  • Lugar: Bonn, Alemaña
  • Tipo de proxecto: Curso de formación
  • Coordinador: JUGEND für Europa (Axencia Nacional de Alemaña)
  • Participantes: Un facilitador de FOCO
  • Resumo: Desenvolveuse co obxectivo de mellorar o impacto da Educación Non Formal (ENF), os seus principios e métodos, na creación de oportunidades de empoderamento para a xente nova como verdadeiros actores da sociedade (do local a Europa).
More Inclusion, More Community
  • Datas: 5/5/2022 – 13/5/2022
  • Lugar: Guarda, Portugal
  • Tipo de proxecto: Intercambio Xuvenil
  • Coordinador: VerdeAgua
  • Participantes: Unha persoa de entre 18 e 30 anos da Guarda
  • Resumo: Tivo como obxectivo obter ferramentas de mediación intercultural para fomentar a comunicación e inclusión de persoas migrantes. Este proxecto tivo o desenvolvemento de competencias no centro do seu deseño.

2021

One 2 One – facilitating learning face to face
  • Datas: 18/10/2021 – 23/10/2021
  • Lugar: Budapest, Hungría
  • Tipo de proxecto: Curso de formación
  • Coordinador: Axencia Nacional de Hungría para Erasmus+ e o CES
  • Participantes:Un facilitador de FOCO
  • Resumo: O obxectivo principal deste curso foi dotar ás traballadoras no ámbito da mocidade das competencias necesarias para traballar nunha relación un a un coa xente nova co fin de apoiar os seus procesos de aprendizaxe e desenvolvemento.