O teatro xuvenil é un dos principais proxectos de FOCO dende 2021.
Teatro Xuvenil de FOCO… que facemos?
Obradoiros semanais
Durante o curso 2026/2027 o noso grupo de Teatro Xuvenil todos os martes de 19:30 as 21:00 para participantes de entre 13 a 17 anos.
Se queres participar, inscríbete no seguinte formulario:

Pero… que é un Teatro Xuvenil?
- Os Teatros Xuvenís ofrecen obradoiros semanais de maneira regular durante o curso escolar e presentan ao menos unha vez os resultados escénicos deste traballo.
- Os participantes teñen entre 12 e 30 anos, divididos en dous grupos diferenciados: participantes en idade de escolarización secundaria (de 12 a 17 anos aproximadamente), e persoas mozas transicionando a idade adulta (a partir dos 18 anos en diante).
- A participación nas actividades do Teatro Xuvenil é voluntaria e enmárcase dentro da educación non formal.
- O Teatro Xuvenil entende ás persoas novas non só como intérpretes, senón tamén como creadoras de pleno dereito dentro do proceso teatral, garantindo espazos nos que poidan desenvolver a súa propia linguaxe escénica, tomar decisións artísticas e participar activamente na creación de pezas teatrais. Recoñécese a súa capacidade para crear e influenciar ao sistema teatral.
- O grupo desenvolve unha identidade compartida propia, á cal os seus membros dan forma. Non se poden considerar Teatro Xuvenil aqueles grupos nos que participan persoas novas pero que a identidade do grupo está conformada arredor do “director” ou “directora” adultos do grupo.
- O grupo está imbricado na súa comunidade e responde ás características e as necesidades de transformación social da mesma.
- A diversidade non só é benvida senón tamén celebrada e visibilizada.
- As persoas adultas que facilitan ou acompañan os grupos de Teatro Xuvenil deben contar cunha especialización teatral, xa sexa a través de experiencia profesional ou formación regrada.
- A través das actividades e das mostras promóvese o uso da lingua galega.
Ademais, en FOCO, as persoas que participan no teatro xuvenil tamén son parte da toma de decisións da asociación, participando nas asambleas, xuntas directivas, a xestión dos proxectos ou a través do grupo artífices.

FOCOMOSTRAS de teatro
Estas son as pezas que presentamos nos últimos anos:
Creacións Fugaces
Unha Creación Fugaz é unha creación teatral montada e ensaiada durante o mesmo día da súa estrea, e presentada ao público por primeira e única vez. Estas son algunhas das que presentamos:
