“o cambio é voluntariado” é unha iniciativa de FOCO que se desenvolve na Guarda co propósito de impulsar o voluntariado como motor de cambio social, tanto a nivel local coma internacional. O proxecto inclúe dúas liñas principais:
- a acollida de voluntarios europeos na Guarda a través de “o cambio é teatro”;
- o acompañamento a persoas do Baixo Miño que desexen participar en estadías de voluntariado, xa sexa de curta duración (entre 2 semanas e 2 meses) ou de longa duración (entre 2 e 12 meses).
Experiencias de persoas que dende FOCO realizaron o voluntariado noutras partes de Europa
Experiencias das voluntarias que realizaron a súa estancia en FOCO

