Saltar al contenido
Portada » Noticias » 13 xóvenes de A Guarda viaxan ó encontro internacional Actúa Verde

13 xóvenes de A Guarda viaxan ó encontro internacional Actúa Verde

13 xóvenes de A Guarda viaxan a Lugo do 24 ó 31 de marzo para presentar a obra de teatro Encontros nunha pinga de auga dentro do encontro internacional Actúa Verde

Este encontro, organizado pola asociación guardesa FOCO, contará tamén coa participación dos teatros xuvenís Crooked House Theatre Company de Irlanda e BeyondBühne de Austria, xuntando a 30 participantes de entre 13 e 17 anos e coa presentación dunha obra de teatro creada por cada unha dos grupos participantes.

Durante a semana do 24 ó 31 de marzo, organizaranse obradoiros de creación teatral, actividades de concienciación medioambiental e os xóvenes participantes presentarán dun xeito vivencial cal foi o seu proceso na creación da súa peza teatral.

Este proxecto conta con co-financiación da Unión Europea a través do programa Erasmus+. A nivel local, conta coa colaboración do concello da Guarda para a creación da peza teatral. O alcalde Roberto Carrero e o concelleiro Óscar Alonso Álvarez visitaron ó grupo no último ensaio do grupo guardés antes de comezar a súa viaxe.