Este verán chega con novas oportunidades internacionais con FOCO a través dos proxectos nos que formamos partes. Estes proxectos, cofinanciados pola UE, ofrecen a posibilidade de pasar unha semana noutro pais europeo facendo e aprendendo teatro. Ó recibir unha subvención, a participación nestes proxectos é de balde. Estas son as oportunidades para este verán:
Tacaíocht
7-14 de xullo, Maynooth, Irlanda
O obxectivo principal deste proxecto é a adquisición de competencias no uso de metodoloxías teatrais con grupos de mozos pertencentes ao colectivo LGTBIQ+.
INFOPACK: https://drive.google.com/file/d/1gvxnl9pU_8zQdkfPFt1vL82ZLtojpbNP/view?usp=sharing
5 PRAZAS DISPOÑIBLES
REQUISITOS DE SELECCIÓN:
- Ser maior de idade.
- Residencia legal en España.
- Ler o Infopack.
- Participar na reunión preparatoria do proxecto.
- Participar no curso de formación do 07 ao 14 de xullo de 2024, Maynooth, Irlanda.
O PROCESO DE SELECCIÓN FARASE SEGUINDO O SEGUINTE BAREMO:
- Residir no Concello da Guarda → 1 PUNTOS
- Ter experiencia teatral → 5 PUNTO
- Motivación e experiencia para participar no proxecto → 3 PUNTOS
- Implicación en FOCO → ATA 3 PUNTOS
TODOS OS GASTOS CUBERTOS POLO PROGRAMA ERASMUS+ (Viaxes de ida/volta, aloxamento, comidas e actividades con profesionais).
Unha vez realizada a selección e para formalizar a inscripción, os participantes deberán ingresar unha fianza de 100 euros que será devuelta unha vez finalice o proxecto.
DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN:
25/04/2024
Mais información:
Email: [email protected] // [email protected]
Teléfono: 626901680
Ignition
4-11 de agosto, Kokkola, Finlandia
Durante unha semana 9 organizacións de diferentes países europeos (Irlanda, Palestina, Finlandia, Francia, Kósovo, Eslovenia, Acerbaixán e Austria) únense para explorar a través do teatro como loitar contra a crise climática.
Neste proxecto estaremos no centro xuvenil Vila Elba rodeados de natureza.
4 PRAZAS DISPOÑIBLES
REQUISITOS DE SELECCIÓN:
- Ter entre 15 e 17 anos.
- Residencia legal en España.
- Participar na reunión preparatoria do proxecto.
- Participar no intercambio xuvenil que terá lugar do 4 ao 11 agosto 2024 en Kokkola, Finlandia.
- Participar activamente durante o proxecto.
O PROCESO DE SELECCIÓN FARASE SEGUINDO O SEGUINTE BAREMO:
- Residir no Concello da Guarda → 3 PUNTOS
- Ter experiencia teatral → 2 PUNTO
- Motivación e experiencia para participar no proxecto → 2 PUNTOS
- Implicación en FOCO → ATA 6 PUNTOS