Saltar al contenido

Palestine Cinema Days

O pasado domingo 2 de novembro, o Centro Cultural da Guarda acolleu unha das máis de 500 proxeccións internacionais dos Palestine Cinema Days, coincidindo co aniversario da Declaración Balfour. A iniciativa buscou dar voz ás narrativas palestinas fronte á violencia xenocida.

A sesión, moderada por India coa colaboración do colectivo Baixo Miño por Palestina, incluíu a proxección do documental A State of Passion (2024), que recolle a experiencia do cirurxián palestino Ghassan Abu Sittah en Gaza. Ao remate, desenvolveuse un coloquio sobre a importancia de situar as voces palestinas no centro da conversa pública.

A equipa de Palestine Cinema Days

Galería