
Diego González e Samuel Martins promoveron Vysualia. Neste curso intensivo na Guarda levaron a cabo un proxecto audiovisual no que ensinaron á xente a crear vídeos dende cero con ferramentas da casa, sen moita experiencia, pero con gañas de aprender e innovar. As inscricións estiveron abertas para todo o mundo. As sesións tiveron lugar na última semana de agosto, do luns 25 ao venres 29, de 10:30 a 13:30.
O resultado presentouse o día 30 de agosto nun acto nos xardíns e o auditorio do centro cultural.
A equipa de Vysualia
Galería



