Saltar al contenido

Foliada

Pequeno Desk

Os días 10 e 11 de xaneiro de 2026 a nosa compañeira Alba coordinou os ensaios e a dirección artística para o seu proxecto cultural, a gravación dun concerto en pequeno formato de música tradicional, íntimo e moi especial. A iniciativa contou coa colaboración imprescindible do furancho O Ceboleiro, que cedeu xenerosamente o seu espazo. Alí tivo lugar o noso (primeiro) Pequeno Desk: Foliada.

Aquí podedes desfrutar do resultado deste traballo colectivo, cunha interpretación de pezas que todas cantamos algunha vez de sobremesa, coa empanada nunha man e unha cunca na outra:

O vídeo completo

Repertorio

Catro vellos mariñeiros
O Sacristán de Coímbra
Muiñeira de Santo Amaro
Miudiño
Pousa, pousa

Coa participación de:

Adrián Fernández Álvarez – acordeón, voz
Ale Lomba Fernández – frauta traveseira, cunchas, voz
Diego Lomba Pérez – gaita, bombo, cunchas, voz
Lucía Lomba Alonso – pandeiro, clarinete, voz
Lucía Lomba Fernández – pandeireta, bombo, voz
Sara Flores Martín – pandeireta, clarinete, voz
Sara Pacheco Pereira – pandeireta, culleres, voz
Xiana Aldea González– pandeiro, pandeireta, culleres, cunchas, voz

Diego González Rodríguez – imaxe, son, edición e montaxe audiovisual
Leyre Lomba Goyás – imaxe, son, edición e montaxe audiovisual
Alba Vicente Pereira – idea orixinal e dirección artística

Agradecementos:

-Furancho O Ceboleiro
-Flori, Treboada Arroutada

A coordinadora do proxecto