Saltar al contenido

Prazas abertas para o intercambio internacional RESONANCE

Dende a asociación FOCO convidámosvos ao proxecto RESONANCE, un intercambio xuvenil internacional centrado no uso do teatro, a expresión creativa e a educación non formal como ferramentas para reflexionar sobre a construción social do xénero e o seu impacto nos dereitos, identidades e experiencias das persoas novas.

Durante unha semana, mocidade de seis organizacións europeas (Portugal, Italia, Irlanda, República Checa, Grecia e España) compartirán un espazo creativo e seguro no que explorar, a través das artes escénicas, cuestións relacionadas coa igualdade, a diversidade, a inclusión social e os discursos de odio, en especial aqueles promovidos pola extrema dereita contra as mulleres e as persoas LGBTIQ+.

O proxecto ten como obxectivo empoderar ás persoas participantes para empregar as prácticas artísticas como ferramentas de diálogo, pensamento crítico e transformación social, fortalecendo as súas competencias interculturais, a súa creatividade e a súa confianza persoal.

Info principal do proxecto:

  • Datas: do 29 de marzo ao 5 de abril de 2026 (incluíndo días de viaxe)
  • Lugar: Lugo
  • Aloxamento: Albergue xuvenil Lug2
  • Metodoloxía: teatro, danza, dramaturxia, creación colectiva e educación non formal

* 4 PRAZAS DISPOÑIBLES *

REQUISITOS DE SELECCIÓN

  • Ter entre 18 e 25 anos.
  • Ter interese ou experiencia no ámbito do teatro, as artes escénicas ou a creación artística.
  • Poder comunicarse en inglés.
  • Todas as persoas seleccionadas deberán participar nunha reunión preparatoria en liña o 9 de marzo de 2026, de 18:00 a 19:00h. 
  • Participar no intercambio xuvenil do 29/03/2026 ao 05/04/2026.

BAREMO DE SELECCIÓN

  • Residir na Guarda e o Baixo Miño → 2 PUNTOS
  • Ter experiencia teatral → 2 PUNTOS
  •  Motivación e experiencia para participar no proxecto → 3 PUNTOS
  • Implicación en FOCO → ATA 3 PUNTOS

*TODOS OS GASTOS ESTÁN CUBERTOS POLO PROGRAMA ERASMUS+ (Viaxes de ida/volta, aloxamento, comidas e actividades con profesionais). 

DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: 

6/02/2026

Máis info:

maria@focoeuropa.com // gonzalo@focoeuropa.com