Seguindo a estela das experiencias coma o noso Museo da Poesía, o I Congreso Internacional de Homeocachalotoxía, e a peza Sen Filtro, voltamos cunha proposta intensiva de creación teatral o próximovenres 4 de setembro. Trátase dunha Creación Fugaz, que será montada ao longo do propio sábado entre as 10 e as 19h, e representada por vez única o mesmo día ás 19h.
Esta sesión de creación será filmada como parte do proxecto IGNITION polo que é imprescindible permitir a gravación. Se queres participar só tes que enviar unha mensaxe de Whatsapp ao 698 19 39 50.

