Por Mónica González Correa
Este 26 de maio tiven o pracer de presentar “Noche sin guión” en madrid, un evento dedicado ó teatro, exclusivamente a impro. Naceu dunha pequeniña idea no fondo da miña cabeza querendo representar todo o que vivía nas clases da compañía de teatro FOCO, o ven que o pasabamos, todo o que aprendíamos e as risotadas que botábamos cada vez que tíñamos que facer un taller de impros. Quixen transportar todo iso ó escenario, darlle a oportunidade a xente do común de sentir no seu propio corpo o que sentían os actores en escea.
O grupo de actores estivo formado por Sena Alberola, Mario Tejeda, Adrián Alexander e máis eu, Mónica González. Tamén contábamos cunha presentadora, Oriana León, a cal guiou o espectáculo e as actividades que este contía. O equipo de producción encargouse, durante o evento, de que a xente escaneara un QR que contía este programa de man.
O evento saiu súper ben, a xente ría a matar e os actores, aínda que non eran pros, creeron todas e cada unha das historias que saían dos seus beizos a medida que improvisaban.
Este durou unha hora e mea, e como esperábamos, algúns valentes do público subiron o escenario para deixar toda a súa imaxinación nesta espontánea performance.


Agora que o evento tivo un fin exitoso o meu grupo e máis eu temos pensado facer unha segunda edición a petición popular. Todavía non temola data pero o que sí que sabemos é que non podemos deixar que este acto esporádico teña un final tan repentino. Queremos seguir contando historias a través das impros.
