05-06 de maio de 2025
A primeira actividade transnacional do proxecto Safe & Sound reuniu aos socios en A Guarda, España, para dar comezo ao traballo conxunto e establecer as bases de coordinación, comunicación e desenvolvemento das actividades previstas. A actividade contou coa participación das organizacións FOCO (España), Tinerii 3D (Romanía) e LAG PSL (Bulgaria).

Presentación, coordinación e calidade
O encontro comezou cunha serie de dinámicas de grupo e presentacións institucionais para fomentar a cohesión entre os equipos e avaliar o coñecemento sobre o contido do proxecto de cada socio. A continuación, presentouse o proxecto e as ferramentas de coordinación que se empregarán ao longo da súa execución.
Tratáronse cuestións clave como a xestión da calidade, a avaliación das actividades, e as estratexias de promoción e difusión.
Planificación de actividades
Cada país organizará 5 obradoiros, cun mínimo de 20 participantes por sesión. Os temas estarán relacionados coa saúde e benestar da xuventude, abordando cuestións como LGBTI (España), métodos de protección (Bulgaria) e ITS (Romanía). Os obradoiros serán flexibles no formato, pero recollerán feedback dos participantes.
Crearase un cuestionario común (elaborado por Tinerii 3D e traducido polos socios), co obxectivo de recoller un mínimo de 100 respostas por país, de persoas entre 13 e 18 anos. Os resultados do cuestionario servirán para axustar o contido dos obradoiros. FOCO consultará coas autoridades de protección de datos sobre o tratamento da información de menores.
O encontro rematou cunha visita cultural pola vila de A Guarda, reforzando o espírito de colaboración e compromiso entre os socios.
