Saltar al contenido

S.O.C.I.A.L.

Redefiniendo las conexiones en la Era Digital

O proxecto SOCIAL ten como obxectivo principal explorar o impacto das redes sociais na maneira en que a xente nova se relaciona, interactúa e constrúe conexións.

A través de métodos de educación non formal, intercambios xuvenís e actividades colaborativas, as persoas participantes reflexionarán sobre os desafíos e as oportunidades que as plataformas dixitais presentan nas súas vidas persoais e sociais, ao tempo que desenvolven habilidades para promover un uso máis consciente e saudable delas.

A iniciativa xorde da colaboración entre mozos e mozas de On&Off e FOCO, tras a experiencia conxunta en proxectos como Axentes Antibulos e Teatro & Benestar. En continuidade con estas iniciativas, SOCIAL propón abrir un espazo de diálogo e creación no que a propia mocidade poida cuestionar o papel das redes dixitais e propoñer novas formas de conexión máis auténticas e equilibradas.

Inscríbete ao proxecto

Se tes entre 14 e 20 anos, podes unirte a este proxecto nunha viaxe, totalmente de balde, a León para atoparnos con outra xente nova creativa.

  • Onde? No centro da cidade de León.
  • Cando? Do 26 ao 30 de decembro.
  • Para quen? Persoas de entre 14 e 20 anos.
  • Por canto? É totalmente de balde (inclúe transporte e manutención).
  • Para que? Reflexionar a través do teatro sobre o impacto das redes na nosa vida.