Saltar al contenido

Soil Soul

SOILSOUL é un proxecto europeo que conecta arte, ecoloxía e participación cidadá para promover a alfabetización sobre o solo e fomentar accións colectivas de rexeneración. A través dunha colaboración entre Italia, España e Portugal, o proxecto busca reconectar ás persoas coa terra como sistema vivo fundamental para a vida, a cultura e o clima.

Nun contexto de degradación acelerada dos solos en Europa, SOILSOUL propón unha resposta innovadora que combina prácticas agroecolóxicas e expresión artística. O proxecto proponse achegar ás comunidades local o coidado do solo a través da arte, facendo accesible e significativa a súa protección para a cidadanía.

Obxectivos

O proxecto ten como obxectivo principal fortalecer a relación entre sociedade e solo a través de procesos participativos e creativos. De maneira específica, SOILSOUL busca:

  • Mellorar a alfabetización sobre o solo mediante aprendizaxe interdisciplinar
  • Empoderar comunidades locais, especialmente mocidade e contornas rurais, para participar en accións de rexeneración
  • Integrar prácticas de agricultura natural con metodoloxías artísticas e narrativas
  • Desenvolver ferramentas e recursos replicables a nivel europeo
  • Fortalecer redes transnacionais entre actores ecolóxicos, culturais e sociais

Actividades principais

Entre abril e xullo de 2026 desenvolveranse actividades en tres dimensión, lideradas polas tres entidades que conformamos o consorcio:

  • Natural Farm Shizen: obradoiros de agricultura natural, creación de humus e reforestación con bolas de sementes
  • ARTE.M: laboratorios creativos con solo (arte con arxila, pigmentos naturais, etc)
  • FOCO: obradoiros de storytelling e creación de narrativas visuais

Estas accións darán lugar a intervencións ecolóxicas e artísticas en comunidades locais, promovendo unha relación directa co solo.

Se queres participar no proxecto: contáctanos en info@focoeuropa.com.

Novas do proyecto SoilSoul

O encontro Entrudanças, celebrado en Beja e Castro Verde (Portugal) do 13 ao 15 de febreiro, reuniu ao consorcio SoilTribes e aos socios de SoilSoul no noso primeiro intercambio presencial, que serviu como punto de partida do proxecto. Luca e Kutluhan de NFC, Anna de ARTE.M e María de FOCO representaron o proxecto Soil Soul, participaron en diferentes presentacións e reunións e estableceron as bases para o traballo nos vindeiros meses.


Funded by the European Union. Views and opinions expressed are however those of the author(s) only and do not necessarily reflect those of the European Union or the European Research Executive Agency (REA). Neither the European Union nor the European Research Executive Agency (REA) can be held responsible for them.