Antilixencia Artifical é unha iniciativa de FOCO a través da cal persoas de entre 18 y 30 anos da Guarda crean pezas de teatro arredor da relación entre intelixencia artificial e creatividade humana.

No proxecto «Antilixencia Artificial» buscamos cambiar a maneira na que as persoas da nosa contorna se relacionan coa tecnoloxía. Queremos que se valore o coñecemento humano e a creatividade e que estes non sexan substituídos pola intelixencia artificial. Así mesmo, procuramos unha mellora na saúde mental da mocidade da nosa comunidade e unha redución do impacto negativo que teñen as redes sociais nela. Queremos que se valore a arte e a cultura e ás persoas que as fan (non só as profesionais senón tamén a arte e a cultura comunitarias) e a súa importancia para definir que fomos, que somos e que queremos ser como sociedade.
Fases do proxecto Antilixencia Artificial
Este proxecto consta de catro fases durante o ano de duración:
- F1. Preparación: creación do logo e ferramentas de comunicación, división de tarefas, planificación, calendarización, etc.
- F2. Investigación: sobre a relación que teñen os mozos coa tecnoloxía e como esta impacta nas nosas comunidades, aprendendo como se pode usar eticamente, de forma respectuosa coa nosa saúde mental e que complemente e apoie sen invisibilizar ás persoas.
- F3. Creación: dunha peza de teatro interactivo que teña un forte compoñente tecnolóxico e que esta tecnoloxía estea integrada completamente dentro da obra como parte da historia e dos personaxes.
- F4. Presentación: pública da obra coa comunidade local.
- F5. Avaliación: análise sobre o éxito do proxecto, melloras e correccións e avaliación do impacto.

