Dilemma é un proxecto que loita contra a violencia de xénero e a desigualdade social a través do teatro e do empoderamento dixital.

O proxecto DILEMMA — Dealing with Gender-Based Violence and Social Inequality through Theater-Based Approaches and Digital Empowerment — é unha iniciativa transnacional financiada no marco da acción Erasmus+ KA220-YOU. Coordinado por Teatro Pubblico Pugliese (Italia) e coa participación de seis organizacións de cinco países europeos, o proxecto ten como obxectivo empoderar á mocidade e ás persoas traballadoras no ámbito xuvenil empregando o teatro como ferramenta educativa transformadora para abordar a violencia de xénero, a discriminación e a desigualdade social.
Con unha duración de 24 meses (xaneiro de 2025 – decembro de 2026), DILEMMA combina aprendizaxe non formal baseada no teatro con innovación dixital. Desenvolve un conxunto completo de recursos que inclúe 10 módulos interactivos, 15 escenarios de rol, unha caixa de ferramentas dixital de teatro e unha plataforma en liña robusta, adaptada para apoiar o compromiso cívico, a expresión emocional e o diálogo inclusivo.
O proxecto está deseñado para involucrar a máis de 120 traballadores e traballadoras xuvenís e a máis de 100 mozas e mozos de diferentes contextos. A través de obradoiros piloto, dun programa de mobilidade mixta e de eventos multiplicadores comunitarios, as persoas participantes co-crean e perfeccionan contidos educativos accesibles e adaptables aos diversos contextos europeos.
Obxectivos do proxecto Dilemma
- Equipar a traballadores e traballadoras xuvenís e ás mozas e mozos participantes con ferramentas innovadoras baseadas no teatro para abordar a violencia de xénero e a discriminación, fomentando un compromiso máis profundo e promovendo a inclusión social.
- Empregar actividades teatrais para mellorar a comprensión da democracia, da dignidade e da igualdade, permitindo ás persoas participantes implicarse de xeito crítico nos asuntos sociais e actuar como cidadás e cidadáns activos a nivel local, nacional e europeo.
- Promover o sentido de pertenza, o respecto pola diversidade e o empoderamento mediante a participación de mozas e mozos de diversos contextos, con especial atención ás persoas con menos oportunidades, en experiencia de aprendizaxe inclusivas.
- Desenvolver competencias dixitais e experiencias de aprendizaxe combinada a través dunha plataforma de acceso aberto para o intercambio de recursos, a formación e o intercambio transfronteirizo de coñecementos, empoderando aos traballadores e traballadoras xuvenís e ás persoas participantes para utilizar de xeito efectivo as ferramentas dixitais.
- Fortalecer as asociacións transfronteirizas e incrementar a capacidade organizativa facilitando o intercambio de coñecementos e o desenvolvemento colaborativo de contidos entre traballadores e traballadoras xuvenís, mozas e mozos participantes, socios do proxecto e partes interesadas, fomentando prácticas sostibles no traballo xuvenil.
