Saltar al contenido
Portada » Portfolio Items » Inma Corral Rodríguez

Inma Corral Rodríguez

Presidenta

Son Inma, profesora, pensadora e soñadora de proxectos. Levo traballando con adolescentes desde que eu mesma o era, o que me fai sentir o pulso do día a día desde unha perspectiva que se renova unha e outra vez.


Colaborei con outras organizacións sociais relacionadas cos dereitos humanos e laborais tamén. Gústame abrirme ao mundo,coñecer a persoas e lugares distintos e creo na educación e a docencia como motor de cambio e mellora das comunidades.