Saltar al contenido

Le Chéile

O proxecto Le Chéile ten como obxectivo empregar o teatro aplicado como ferramenta de aprendizaxe, inclusión social e transformación comunitaria entre persoas adultas en Irlanda e Galicia.

O proxecto Le Chéile (“xuntos” en gaélico) concíbese baixo a convicción de que o teatro aplicado é unha ferramenta poderosa para a educación de persoas adultas, a inclusión social e a transformación comunitaria. Cofinanciado a través do programa Erasmus+, na modalidade de Pequenas Asociacións de Cooperación, este proxecto desenvólvese entre 2025 e 2026 en dous contextos europeos diferentes pero con raíces comúns: Irlanda e Galicia, en España.

O proxecto Le Chéile abre espazos de aprendizaxe que transcenden a educación formal, xerando oportunidades para persoas adultas, mocidade e comunidades a través do teatro e das artes. Esta iniciativa baséase en tres prioridades fundamentais: crear e promover oportunidades de aprendizaxe interxeracional, fortalecer os espazos locais de educación non formal e cultural, e fomentar a participación, o cambio social e os valores compartidos.

O teatro aplicado sitúase no centro deste proxecto como unha vía para apoiar ás persoas adultas —especialmente aquelas con menos oportunidades de participar en programas educativos— a explorar a súa creatividade, mellorar as súas habilidades sociais e comunicativas, e establecer relacións significativas con outras persoas da comunidade. Este proxecto vai máis alá do ensaio e da representación dunha obra teatral: abre conversas interxeracionais, conecta experiencias vitais e permite ás persoas participantes subir ao escenario para compartir as súas voces.

Le Chéile é unha iniciativa conxunta entre Crooked House Theatre Company en Newbridge (Irlanda) e A Guarda (España), da que resulta un valor engadido incuestionable.

Ven á presentación do manual pedagóxico de Le Chéile

Actividades do proxecto Le Chéile

Primeira reunión internacional (A Guarda, abril 2025)

Nesta primeira reunión acollimos a Peter a Yassine (Crooked House) e organizamos as tarefas do proxecto para os seguintes dous anos. Falamos da coordinación, da promoción, da calidade dos resultados, da guía e dos obradoiros con persoas mayores.

Obradoiros de teatro semanais (A Guarda, de outubro de 2025 a xuño de 2026)

Todalas semanas facilitamos obradoiros de teatro cun grupo de persoas de máis de sesenta anos da Guarda. Nestes obradoiros aprendemos habilidades escénicas e ensaiamos unha peza de teatro.

Curso de formación internacional (A Guarda, outubro 2025)

Neste curso de formación acollimos a Peter Hussey (Irlanda) e debatimos e reflectimos sobre como implementar os obradoiros, facelos inclusivos, compartir estratexias… tamén revisamos o contido da guía e nos reunimos para avaliar o rumbo do proxecto. Peter ademais visitou o noso grupo de teatro deste proxecto.

Evento intergeneracional Trailers Teatrais (A Guarda, marzo 2026)

Celebramos o día mundial do teatro cun acto no que todos os grupos de teatro deste ano presentaron un breve trailer do proceso que estaban a desenvolver. Neste acto participaron 25 persoas de entre os 7 e os 75 anos e amosaron co público tamén o que pasa fora dos escenarios, nos propios obradoiros semanais, e que están a aprender neles.

Mostra da peza con.texto (A Guarda, xuño 2026)

con.texto foi a obra que crearon as participantes do grupo de Le Chéile durante os obradoiros teatrais. A través dun percorrido por textos dramáticos como Bernarda Alba, O Enfermo Imaxinario, Tres Sombreiros de Copa ou as Troianas e de escenas de elaboración propia exploramos explora como as artes crean comunidade e brindan unha oportunidade para estar xuntas.

Reunión de avaliación (Irlanda, setembro 2026)

Durante dous días reunímonos en Newbridge, Irlanda, na sede da Crooked House Theatre Company, para avaliar o proxecto e idear algunhas iniciativas conxuntas para o futuro. Con esta asociación irlandesa colaboramos dende 2021, tanto a través de encontros europeos como de proxectos de máis longo percorrido.