Saltar al contenido
Portada » Portfolio Items » O Río Que Nos Une

O Río Que Nos Une

O proxecto O RIO QUE NOS UNE é unha asociación de cooperación no ámbito da mocidade financiada polo programa Erasmus+ da Unión Europea cun financiamento de 17.164€. Este proxecto está coordinado por nós, FOCO.

Este proxecto reúne a 3 socios: a Câmara Municipal de Caminha, o Concello da Guarda, ademais de FOCO Neste proxecto as dúas institucións municipais colaborasen na implementación das actividades locais que facilitará FOCO.

Co proxecto O RIO QUE NOS UNE abordaremos o tema da participación xuvenil na políticas de mocidade municipais para aumentar a cooperación e cohesión de ambos municipios no deseño e implementación de iniciativas e actividades xuvenís. Para cumprilo, serán incluídos e habilitados procedementos e mecanismos para garantir a participación da mocidade no deseño destas actividades.

O proxecto divídese en dous partes: unha primeira fase de encontros entre mozos da Guarda e Caminha na que se establecerán as actividades que se propoñerán aos dous municipios a través dun proceso participativo; unha segunda fase na que levarán a cabo as actividades.
Será unha oportunidade para reflexionar sobre como cooperar entre os dous países, facilitar a comunicación entre os mozos e os representantes políticos.

O proxecto ten como obxecto establecer en cada municipio un mecanismo para que o novos pedan propoñer ao seu concello e deseñar actividades que sexa adaptado á realidade e habilidades dos mozos, prestando especial atención nos mozos de menos de 20 anos (quen máis afastadas e alleas ven ás institucións) e crear unha axenda de actividades xuvenís transfronteiriza conxunta. Con este proxecto, queremos potenciar un marco común europeo para a realización de actividades y participación xuvenil e fortalecer a nosa rede de organizacións xuvenís a nivel internacional.

Novas do proxecto O Río Que Nos Une

Visual Portfolio, Posts & Image Gallery para WordPress

Participa nun intercambio para as mozas e mozos da Guarda e Caminha

Aberta a preinscrición para a participación no proxecto O Río Que Nos Une impulsado por FOCO, a Cámara municipal de Caminha e o Concello da Guarda, que consta de tres encontros de fin de semana GRATUITOS no Mosteiro de São João D’Arga, en Caminha, Portugal.
Nos encontros participarán 20 mozas e mozos: 10 de A Guarda e 10 de Caminha, de entre 14 e 19 anos. Estos encontros serán de fin de semana dende o venres ata o domingo despois de xantar. As datas previstas son:
24, 25, 26 marzo
28, 29, 30 abril
26, 27, 28 maio
O principal obxectivo será o de coñecer a persoas da outra parte da desembocadora do río e identificar os puntos e inquedanzas comúns e deseñar actividades para mocidade que posteriormente financiarán e implementarán os dous municipios.
O acceso ao formulario de inscrición é a través do link https://forms.gle/uPhoKwdwW1gPavGv9

Máis información nesta entrevista que fixéronnos na Ser Baixo Miño

Hoy por hoy Biaxo Miño, 08/02/2023