O proxecto Safe&Sound busca mellorar a formación das persoas mozas sobre saude reproductiva e sexual e promover a o respeto á diversidade de xénero e afectivo-sexual.

O proxecto busca mellorar a comprensión das persoas mozas sobre a importancia da protección sexual e promover o respecto á diversidade de xénero e afectivo-sexual. As necesidades detectadas nas comunidades e a través de grupos de enfoque evidencian unha falta de información sobre enfermidades de transmisión sexual, comportamentos responsables, aceptación da diversidade afectivo-sexual e coñecementos dos traballadores xuvenís sobre educación en saúde sexual e reprodutiva.
Para dar resposta a estas necesidades, o proxecto desenvolverá actividades formativas e informativas dirixidas a mozas e mozos de entre 13 e 18 anos en Rumanía, España e Bulgaria, proporcionándolles ferramentas educativas a través de obradoiros, conferencias, un folleto e vídeos en varios idiomas.
Como resultado, espérase que os materiais educativos cheguen a máis de 1.500 mozas e mozos, que os obradoiros impliquen a centos de participantes, e que se aumente a conciencia sobre a protección sexual, as enfermidades de transmisión sexual e o respecto á diversidade de xénero e afectivo-sexual, chegando a miles de mozas e mozos.
Ao mesmo tempo, os traballadores xuvenís adquiriran mellores competencias para organizar e xestionar actividades de educación en saúde sexual e reprodutiva, fortalecéndose tamén as alianzas entre as ONG participantes e promovéndose a inclusión de persoas con menos oportunidades. O proxecto contribúe así á promoción da diversidade e inclusión en educación e xuventude, fomentando o acceso a información fiable, o pensamento crítico e o diálogo participativo.
Resultados
Estudo sobre o coñecemento e actitude en materia de educación sexual e en igualdade e diversidade na mocidade da Guarda
Informe sobre a implementación de obradoiros sobre diversidade e saúde sexual e reproductiva
Kit de herramientas

