Stepping Into Leadership (SIL) é un programa creativo e práctico de desenvolvemento do liderado dirixido a adolescentes de entre 15 e 17 anos.

Este grupo de idade adoita participar como persoas dependentes en organizacións (tanto formais como non formais), nas que moitas das decisións clave relacionadas coa súa participación son tomadas por persoas adultas do seu contorno. Stepping Into Leadership pretende iniciarlles no proceso de explorar que significa o liderado, que habilidades e características son útiles para exercelo e como as persoas mozas líderes poden crear, planificar, implementar e avaliar proxectos de maneira autónoma.
O proxecto é unha colaboración entre FOCO (España) e Crooked House (Irlanda) dentro do programa Erasmus Plus da Unión Europea. Empregaremos métodos creativos nos obradoiros para explorar aspectos teóricos e prácticos do liderado. O programa incluirá tamén 2 mobilidades e 4 eventos, que serán planificados e desenvolvidos polo propio grupo de mozos e mozas coa axuda das organizacións.
As técnicas de formación empregadas serán recompiladas nun recurso en liña para que as persoas traballadoras no ámbito da mocidade e o persoal educador poidan utilizalas cos seus propios grupos.


