Saltar al contenido
Portada » Portfolio Items » YouLat

YouLat

Oportunidades de formación e emprego para mozxs latinxs na UE

Este proxecto ten como obxectivo promover a inclusión de mozos e mozas migrantes latinoamericanos na educación, formación e mercado laboral europeo, concienciando sobre as diferentes oportunidades que ofrece a Unión Europea. Ademais, busca compartir boas prácticas e experiencias de traballo inclusivo con mozos e mozas latinos e latinas en diferentes contextos europeos.

No proxecto YouLat, as organizacións participantes levarán a cabo talleres de asesoramento laboral que utilizan metodoloxías non formais con 150 mozos e mozas latinos e latinas. Tamén organizarán 3 eventos multiplicadores nacionais e unha Conferencia Europea na que invitarán a 20 organizacións de diferentes países europeos.

Resultados

  • Unha guía para promover a educación, formación e emprego de mozos e mozas latinos e latinas que tamén incluirá diferentes oportunidades dispoñibles a nivel europeo.
  • 10 talleres que poden ser implementados para guiar á mocidade no proceso de procura de emprego, abordando diferentes áreas clave que son de vital importancia na Europa de hoxe.

Estes resultados compartiranse a nivel local, nacional e europeo.