Saltar al contenido
Portada » Portfolio Items » Yakup Hatiri

Yakup Hatiri

Voluntario Europeo

Yakup ven de Turquía, de Estambul, a cidade onde se atopan Asia e Europa. Esta cidade conta con tres pontes que conectan ambos continentes, incontables paisaxes fermosas e o azul encantador do Mar de Mármara.

Os paseos que dou polas costas do Océano Atlántico son os momentos máis especiais de A Guarda para min. Por suposto, estes paseos adoitan estar acompañados de cancións e música española. Unha das cousas que me gusta de A Guarda é que me atopo nunha zona multicultural, xa que a única fronteira que separa A Guarda de Portugal é un río fermoso. Tamén é emocionante descubrir a cultura e a lingua da rexión de Galicia, xa que aquí podes escoitar e ver sinais en galego así como en español. A Guarda ten un ambiente fermoso para explorar e apoiar o proceso creativo.

Son alguén a quen lle encanta tocar a guitarra, facer sendeirismo, escribir e experimentar cousas novas. No 2017, gradueime no Departamento de Escritura Dramática da Facultade de Belas Artes, Departamento de Artes Escénicas, e máis tarde rematei a miña mestaría en artes escénicas na mesma universidade. Imparti clases de escritura a grupos de persoas de diferentes idades. Nos últimos tres anos, fun membro dun equipo de drama nunha empresa de medios dixitais. Conocín a Foco durante a miña procura para facer algo relacionado co teatro de novo, e estou moi feliz de que me apoiasen neste proceso.

Deixar a zona de confort non é frecuentemente unha decisión fácil, pero como sei que persigo o que soño, o proceso inspírame e agora redescubro esa inspiración en A Guarda.


El blog de Yakup

Visual Portfolio, Posts & Image Gallery para WordPress