Sentados de Pé e un proxecto de FOCO no que exploramos escénicamente a discriminación por idade que experimenta a mocidade.

«Sentados de pé» busca visibilizar e cuestionar a discriminación por idade que sofren as persoas mozas, proporcionándolles unha plataforma para expresar as súas experiencias a través do teatro. Queremos fomentar o diálogo entre mozas e mozos de 13 a 17 anos e responsables da toma de decisións, invertendo as dinámicas de poder tradicionais e situando as súas voces no centro.
Os obxectivos principais do proxecto son facilitar unha reflexión artística con 10 mozas e mozos, crear e presentar unha obra teatral, involucrar públicos diversos e iniciar debates estruturados con líderes locais.
Este proxecto impulsa a participación xuvenil, a inclusión e o compromiso democrático, asegurando que as súas perspectivas sexan escoitadas e valoradas.
Novas do proxecto
