Formando facilitadoras teatrais e da danza

Este proxecto trata de reforzar a capacidade do sector do traballo xuvenil cultural en Europa. As persoas traballadoras da xuventude no ámbito cultural son aquelas que traballan con xente nova empregando prácticas artísticas profesionais (na música, teatro, artes visuais, danza, cinema, medios dixitais, deseño, escritura creativa, etc.) para acadar obxectivos tradicionais do traballo xuvenil.
IGNITION pretende contribuír a proporcionar recursos para que persoas traballadoras da xuventude en dúas disciplinas (teatro e danza) poidan converterse en facilitadoras competentes de teatro e danza para a mocidade. Seleccionáronse unicamente estas dúas disciplinas porque as organizacións socias teñen experiencia nelas; e tamén porque as organizacións de traballo xuvenil non precisan equipamento nin recursos especiais para aplicar a danza ou o teatro nos seus programas de traballo coa mocidade.
Resultados esperados
- 3 manuais en liña sobre teatro, danza e participación no traballo xuvenil.
- 12 vídeos en liña de acceso libre que ilustran principios do teatro e da danza para a mocidade.
- Un curso de formación de 100 horas en facilitación de teatro e danza para a mocidade.
- 40 persoas traballadoras no ámbito da mocidade e a cultura formadas dentro dos 4 cursos de formación (un en cada país)
- 4 mobilidades nas que as persoas formadoras intercambian coñecementos e experiencia entre as organizacións socias.
- Prácticas supervisadas nas que as persoas participantes desenvolven obradoiros con grupos de mocidade.
Entidades socias

Crooked House (Irlanda) é unha organización de creación teatral fundada en 1993 en Newbridge, no condado de Kildare, Irlanda. Creamos teatro coa comunidade, para a comunidade e desde a comunidade, ademais de desenvolver colaboracións internacionais. Isto inclúe persoas novas de entre 11 e 30 anos; persoas con discapacidade intelectual; persoas migrantes e solicitantes de protección internacional; grupos de mulleres; e persoas maiores usuarias de centros de día. A participación en todas as nosas actividades é gratuíta e aberta a calquera persoa.

FOCO é unha asociación enfocada no uso da cultura como ferramenta de transformación social. Traballa por e desde o Baixo Miño, actuando localmente cunha visión global. Emprega metodoloxías teatrais e ferramentas de educación non formal para facilitar o acceso á cultura e á formación da mocidade e da veciñanza da comarca. A entidade busca promover a inclusión social, a creatividade, as artes, os dereitos culturais, a cidadanía activa, o respecto á diversidade e outros valores vinculados á xustiza social.

Kinitiras (Grecia) é unha rede artística recoñecida internacionalmente que conecta profesionais e persoas afeccionadas a través das artes escénicas. Foi fundada en 1995-96 como un grupo de danza-teatro. Their artistic practices focus on dance theatre, physical theatre, devised theatre and the theatre of the oppressed. The creative processes are influenced by the theory of Rudolf Laban regarding time, space and qualities of movement. Additionally, black humor and autosarcasm are main characteristics in Kinitiras artistic work.

Süleyman Demirel University (Turquía) é unha universidade pública situada en Isparta. Foi fundada en 1992 e, con arredor de 70.000 estudantes, é a segunda institución académica máis grande do país. A Facultade de Belas Artes da Süleyman Demirel University, no Departamento de Artes Escénicas, comezou a súa actividade docente en 1997. Este departamento está composto polas áreas de Escrita Dramática e Dramaturxia, Interpretación e Deseño de Escena. O programa de grao, que inclúe materias teóricas e prácticas, ofrece unha formación competente de catro anos de duración.
Financiado pola Unión Europea. Non obstante, as opinións e puntos de vista expresados son só os do(s) autor(es) e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou da Axencia Executiva Europea de Educación e Cultura (EACEA). Nin a Unión Europea nin a EACEA poden ser consideradas responsables deles.

