
Artífices hoxe
Artífices é hoxe a sección xuvenil da asociación FOCO.
Unha das vantaxes de ser parte de FOCO é que as traballadoras da asociación poden acompañarte de maneira gratuita na planificación y realización das túas ideas, xa sexan artísticas, culturais, sociais, comunitarias…
Para solicitar unha reunión de acompañamiento ou asesoría, só hai que estar asociada a FOCO, ter entre 14 e 18 anos e completar o seguinte formulario:
O proxecto orixinal
Artífices nace como unha iniciativa de FOCO a través da cal os socios de entre 18 y 30 anos da asociación crean e xestionan actividades culturais e de lecer.
No proxecto Artífices levamos a cabo sesións de formación semanais que se centraron na xestión de proxectos e na facilitación de grupos mediante ferramentas teatrais, abordando temas como a análise de necesidades, o establecemento de obxectivos e as dinámicas de traballo en equipo, así como habilidades en planificación, execución e seguimento de proxectos, incluíndo a asignación de roles, a xestión de orzamentos e subvencións, e técnicas de facilitación teatral, como dinámicas grupais, movemento expresivo, traballo vocal e educación inclusiva. Peter Hussey proporcionou unha formación especializada tanto na facilitación de grupos xuvenís como na xestión de proxectos e actividades para a mocidade.
A continuación, o equipo creou e implementou catro proxectos desde cero, con simulacións de solicitudes de subvencións e aprendendo a xestionar aspectos financeiros e de comunicación. Estes proxectos estiveron orientados a satisfacer as necesidades da comunidade local, cunha atención especial á mocidade de entre 12 e 17 anos.
Fases do proxecto artífices
Este proxecto constou de catro fases durante o ano de duración:

- Fase 1. Coordinación
- Fase 2. Formándonos: Nesta fase leváronse a cabo encontros semanais nos que o persoal de FOCO nos formou en dous ámbitos: a xestión de proxectos e a facilitación de grupos empregando ferramentas teatrais. Esta formación desenvolveuse dentro dun contexto e cunhas metodoloxías propias da educación non formal. O proceso de aprendizaxe foi, polo tanto, experiencial e práctico, centrado no desenvolvemento de competencias e autoxestionado polas persoas participantes, xa que fomos responsables do noso propio proceso formativo.
- Fase 3. Creando proxectos: Nesta fase leváronse a cabo os catro proxectos.
- Fase 4. Avaliación

